Somos un equipo apaixonado polo pastoreo, a produción ecolóxica e rexenerativa.

Levamos máis de 30 anos desenvolvendo ferramentas e metodoloxías que optimizan o pastoreo, melloran a xestión económica e reducen o impacto ambiental.

Transformación sostible da gandería: eficiencia, rendibilidade e adaptación ao contexto

Colaborar contigo na evolución da túa gandería para optimizar a rendibilidade, a xestión do traballo e o impacto ambiental, sempre tendo en conta as túas circunstancias e metas.

+30

anos colaborando con gandeiros e gandeiras

50

granxas en seguimento

+5000

persoas formadas

Traballamos no teu terreo

1. Persoal

Traballamos man a man con gandeiros e gandeiras

2. Directo

Visitamos a túa granxa para entender o teu contexto e as túas necesidades.

3. Networking

Ofrecémoste acompañarnos no noso proxecto colectivo de aprendizaxe e transformación

Compromiso coa comunidade: a nosa ética

Acreditamos na importancia de estar vinculados á comunidade na que nos desenvolvemos.

Pretendemos contribuír ao desenvolvemento do entorno, o medio e a xente, fortalecendo lazos e construíndo un futuro máis responsable e próspero para todas as persoas:

  • Ofrecemos prezos e condicións preferentes a entidades sen ánimo de lucro que compartan obxectivos semellantes aos nosos.
  • Contamos con tarifas adaptadas a ganderías en situación de dificultade
  • A nosa enerxía eléctrica é 100% renovábel, distribuída a través dunha estrutura cooperativa galega.
  • Somos socios da única cooperativa financeira galega: Caixa Rural Galega Soc. Coop.

Os nosos valores

Temos a visión de ser líderes en asesoramento e formación de alta calidade para impulsar ganderías ecolóxicas rendibles, sostibles e respectuosas co medio ambiente.

Agroecoloxía

A agroecoloxía latinoamericana é a nosa fonte de inspiración fundamental, onde priman o enfoque holístico e a análise sistémica. Integramos as dimensións sociais, ecolóxicas e económicas en todo o noso labor. Damoslle valor ao coñecemento científico e tamén ao saber tradicional.

Empatía

Colaboramos xuntos contigo en igualdade para desenvolver solucións personalizadas axeitadas á túa situación.

 Pragmatismo

Orientamos o noso traballo cara a conseguir resultados: queremos transmitirche coñecementos e técnicas para que os adquiras, os avalíes, os adaptes a tí e ao teu contexto, e que os desenvolvas para conseguir os teus obxectivos.

Independencia

O único produto que vendemos é o noso coñecemento. Iso garante que o asesoramento que ofrecemos está totalmente enfocado en ti, sen obxectivos ocultos.

 Ecofeminismo

Fomentamos a igualdade como un principio transversal clave: non se pode avanzar na sustentabilidade sen promover a equidade entre todas as persoas.

 Activismo Social

Promovemos un modelo de alimentación global que sexa ecolóxico, sustentábel, san e accesible para todas as persoas no planeta.

¿Est@s preparado para a transformación?

Accessibility
Scroll ao inicio