Asesoramento

Para quen?

• Ganderías profesionais de vacún (leite e carne).
• Explotacións con pluriactividade (horta, gando, transformación, venda directa...).

Para que?

• Aumentar os teus beneficios.
• Reducir o teu tempo de traballo.
• Rexenerar a túa terra e o medioambiente.

Como traballamos?

1. Optimización do pastoreo (Sistemas convencionais, ecolóxicos e rexenerativos).
2. Análise técnico-económica e benchmarking (Compartindo con outras granxas).
3. Axuste da alimentación con OBSALIM® (Observar os animais para mellorar a eficiencia alimentaria).
4. Formación e transferencia tecnolóxica (formación finalista)

Onde?

• No terreo, directamente na túa granxa, para as granxas situadas en Galicia ou zonas próximas.
• Eventualmente Online, con acompañamento virtual para explotacións afastadas.

Temos tres conviccións fundamentais

IMG_20150918_140620387_HDR

1 – A produción agrogandeira faise na natureza, en uns agroecosistemas dados e dentro dun contexto social local. Elaborar solucións axeitadas ás túas condicións só é posíbel realizando o noso traballo directamente no terreo, en situación real.

2022-11-30 16.49.11

2 – Queremos establecer contigo unha relación de colaboración, para elaborar xuntos alternativas técnicas que encaixen contigo, coas túas condicións e cos teus obxectivos, apoiándonos nos coñecementos que ambas partes temos.

naturalezaXan

3 – Non traballamos en contra da Natureza, nosa ligazón con ela é un vínculo de colaboración, non de dominación.

Os nosos focos de actuación

2023-11-03 02.17.52

Facémolo mediante unha formación inicial, a planificación do pastoreo e o seguimento con visitas frecuentes ás túas parcelas, vendo os teus animais pacer.

En sistemas a pastoreo como nos outros sistemas, a alimentación é un elemento clave dos resultados económicos.

Obsalim(®) é unha metodoloxía para optimizar as racións mediante a observación dos animais.

pastoreoObsalim

+30

anos colaborando con gandeiros e gandeiras

Cuantificamos a incidencia técnico-económica das transformacións que levas a cabo. Identificamos fortalezas e debilidades da túa gandería. Dámoste opcións para compartir datos con outras ganderías.

Queremos darche información e coñecemento para que sexas cada vez máis autónomo/a e non dependas do noso asesoramento.

En definitiva, dámoste clases particulares, pensadas para tí e axustadas ás túas necesidades e intereses.

Estás list@ para dar o seguinte paso?

Accessibility
Scroll ao inicio