O Noso Impacto
Temos a certificación de Sustentabilidade social empresarial da Xunta de Galicia

O noso código ético medioambiental
- A redución do uso de insumos e de combustibles fósiles reduce a pegada de carbono.
- A diminución das labranzas, o bo uso dos pastos e a rexeneración dos solos, tamén rebaixa o efecto invernadoiro.
- As pradeiras de longa duración, xestionadas correctamente, son sumidoiros netos de carbono.
- Un pastoreo axeitado permite ao solo mitigar os riscos climáticos e desastres naturais.
- A redución de produtos químicos minimiza a contaminación do solo, auga e aire.
- As pradeiras ben xestionadas favorecen a biodiversidade.

O noso código ético social
- Reducir o uso de antibióticos axuda a combater a súa preocupante resistencia en medicina humana.
- A carne e o leite derivados de pastoreo presentan perfís de ácidos graxos máis saudables.
- A igualdade de oportunidades entre xéneros asegura máis equidade.
- Mellores rendibilidades e condicións laborais poden atraer máis xente moza ao sector agrario.
- A comunicación entre o medio rural e o medio urbano xera beneficios mutuos.
- Garantimos os dereitos laborais do noso equipo (protocolos anti-acoso, de teletraballo e desconexión dixital)




A nosa responsabilidade cos obxectivos de desenvolvemento sustentábel
ODS 6:
“Mellorar a calidade da auga reducindo a contaminación.”; ”Aumentar considerablemente o uso eficiente dos recursos hídricos”.
Algúns dos nosos logros:
2014
Publicamos o libro“Producir leche de vaca ecológica. Manual de iniciación”
2015
Elaboración da “Guía para a Produción Ecolóxica”, para o territorio transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal, con 8 fichas técnicas por orientación produtivas
2016
Iniciamos a nosa colaboración docente co Master Oficial en Agricultura y Ganadería Ecológicas de la Universidad Internacional de Andalucía



2017
Obtivemos a acreditación Obsalim (r). Somos o único centro formador autorizado para toda a península ibérica.
2018
Iniciamos a nosa colaboración na rede RENGRATI do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que ofrece datos técnico-económicos de granxas típicas de vacún de leite.
2019
Deseñamos as 3 hortas urbanas municipais do Concello de A Coruña e da horta urbana ecolóxica da Universidade de Coruña.
2020
Elaboramos unha nova ferramenta de análise técnico-económica on-line para granxas de leite. Unha ferramenta particularmente deseñada para a consecución dos nosos 3 obxectivos en sistemas de pastoreo: gañar máis; traballar menos; protexer a natureza.



2021
Elaboramos unha nova ferramenta de análise técnico-económica on-line para granxas de carne en pastoreo.
2022
Elaboramos unha nova metodoloxía e unha ferramenta de análise técnico-económica para actividades agrogandeiras diversificadas (horta, vacún, porcos, ovino, aves, transformación, venda directa…). Damos así apoio a empresas habitualmente totalmente esquecidas nos esquemas convencionais.
2023
Iniciamos a I+D+i en vacún de carne, liderando o Grupo Operativo “CARNE DE VACÚN A PASTO”, con resultados importantes en termos de rendibilidade das granxas de carne e a súa relación coas técnicas de pastoreo



2024
Integramos o Grupo Operativo “GRAZEMASTER – GESTIÓN AVANZADA DEL PASTOREO” para o desenvolvemento de ferramentas prácticas de xestión do pastoreo baseadas no 5G e en Intelixencia Artificial (análise de pasto con teléfono móbil e drons, pastor móbil, xestión da auga…)


ODS 3:
ODS 5:
ODS 8:
ODS 11:
ODS 12:
ODS 13:
ODS 15: